Na liña dos Favorite Places de Google, a compañía española Moviscan pretenden ofrecer un servizo de creación de etiquetas para a colocación de escaparates, muros ou portas de locais comerciais que inclúan un código QR para que os clientes e turistas poidan localizar de xeito rápido e doado información sobre o establecemento con só tomar unha instantánea do código de barras bidimensional, conseguindo así información turística da zona, comentarios doutros clientes ou mesmo o catálogo do produtos á venda.
O servizo xera un ficheiro PDF que os responsables dos locais poden descargar e imprimir para a súa colocación nun lugar visible do seu establecemento, o que resulta moi interesante para os visitantes que contan cun terminal móbil con acceso á Rede, facendo máis doada a localización de información adicional sobre o establecemento.
Moviscan quere levar os códigos QR aos establecementos comerciais
Compartir Este Artigo
