Google xa permite as buscas visuais dende o móbil

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Dende Google non cesan en mellorar as súas aplicacións destinadas a dispositivos móbiles, chegando a niveis insospeitados coma co servizo Google Goggles, que incorpora a realización de buscas visuais, de xeito que os usuarios con terminais telefónicos con Android 1.6 poden tomar coa súa cámara unha imaxe á que o servizo engadirá recoñecemento visual e xeolocalizacións para achegarnos información adicionais sobre a mesma, coma datos sobre o monumento retratado, ou sobre o disco ou libro do que tomemos unha instantánea da súa portada (o sistema é capaz de recoñecer texto).


Vídeo de demostración de Google Goggle

Na mesma liña, dende Google tamén lanzan Favorite Places, un servizo no que dende Google indentificaron a 100.000 establecementos comercias dos EE.UU. aos que remitiron un pequeno cartel que poden colocar na súa entrada ou escaparate e que inclúe un código QR ou BIDI que dende os móbiles cun lector desta tecnoloxía permite achegar información sobre o local (críticas, fotografías etc.). Toda unha revolución para as buscas locais.


Vídeo no que explican o funcionamento de Favorite Places

Favorite Places baséase en códigos QR