
Abriu o acto o director da residencia de maiores, quen deu as grazas á Xunta de Galicia por levar ata alí esta exposición. O delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, recalcou que a idea de levar esta mostra ás residencias da terceira idade foi unha idea do presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e anunciou que esta é a última residencia na que recala esta mostra interactiva, que a partir do próximo ano poderá visitarse nos hospitais.

A través desta exposición, a Secretaría Xeral de Medios pretende amosar aos galegos e galegas de todas as idades o audiovisual e os multimedia realizados por empresas e universidades galegas, así como promover a interrelación entre mozos e maiores, xa que varios colexios deste municipio visitarán ao longo destes días a mostra.
Galiciadixital ofrece unha experiencia interactiva distinta á dos museos convencionais, pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, achegando así os avances en tecnoloxías multimedia e audiovisuais producidas en Galicia á cidadanía dende localidades preto da súa residencia.
A exposición itinerante Galiciadixital chega a Ferrol
Compartir Este Artigo
