Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo amplía as posibilidades das TIC mediante o uso de e-portfolios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo amplía as posibilidades das TIC mediante o uso de e-portfolios

Raquel Noya
Publicado: 12/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

DUVI_TIC.jpgAo longo dos vindeiros meses de febreiro e marzo, a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra, vai dar acollida ao curso de Deseño técnico e didáctico dun e-portfolio, dirixido á formación do profesorado no eido da creación e uso destas ferramentas tecnolóxicas. Esta actividade formativa, programada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, busca que tanto o alumnado como o profesorado empreguen as TIC de xeito efectivo no seu traballo diario e, en concreto, capacita aos docentes para integrar o uso dun e-portfolio no proceso de ensino e aprendizaxe. A Universidade de Vigo oferta para este curso un total de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición ata o vindeiro 31 de xaneiro.
O e-porfolio é unha ferramenta formativa e de avaliación que ten como novidade máis característica, segundo os organizadores do curso, “o establecemento dun proceso de reflexión sobre a aprendizaxe conseguida”. A través desta actividade formativa o profesorado adquirirá as competencias técnicas e metodolóxicas precisas para a creación e uso de e-portfolios, o que lle permitirá complementar e completar as aulas co apoio de materiais virtuais. Para isto, ao longo do curso analizaranse de forma práctica as diferentes ferramentas que están a disposición dos docentes nunha plataforma de aprendizaxe virtual e que son de interese para a construción dun e-portfolio.
Asemade, trataranse os elementos básicos que o compoñen e analizarase como establecer actividades, métodos de avaliación e procesos de reflexión sobre o ensino e a aprendizaxe nunha contorna virtual. Estas aplicacións concretas englóbanse nun obxectivo común, que é, segundo informan dende a organización, o de “favorecer o desenvolvemento dos novos roles docentes e investigadores dentro do EEES mediante Contornas Virtuais de Aprendizaxe e fomentar a sensibilidade cara aos valores propios da docencia favorecendo as actitudes cara á innovación”.
Impartirá o curso o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicaicón, José Vicente Novegil Souto, quen, para o desenvolvemento dos contidos, empregará unha ferramenta virtual dispoñible no portal FaiTIC, que fomenta a interacción entre o alumnado e os profesores, e que serve principalmente para intercambiar recursos educativos e opinións.

Matrícula en liña e obtención do certificado
O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro e pode formalizarse en liña a través da plataforma Bubela da Área de Posgrao Virtual. Para solicitar máis información pódese escribir ao enderezo de correo electrónico formacion.profesorado@uvigo.es ou chamar ao teléfono 986813596. A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a dez sesións completas das doce que ten o curso, e cubran uns contidos mínimos do 80% das actividades marcadas polo responsable do actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?