En momentos de crise a busca de novos mercados pode ser a solución de moitas empresas, e o sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación non é alleo ás bondades da internacionalización, de aí que as empresas galegas Quobis e Netex propoñen a celebración dunha xuntanza que sirva coma xerme dun grupo de traballo de exportación TIC galego, dirixida ás empresas do sector na nosa comunidade que teñan liñas de traballo de internacionalización ou queiran avanzar neste eido.
O encontro terá lugar o xoves 11 de febreiro ás 15:00 horas no Auditorio Obradoiro do Centro On de Caixa Galicia, sino na rúa Nova, 33 de Santiago de Compsotela, e buscará pór en coñecemento mercados e tipos de clientes obxectivos dos participantes, de xeito que poidan planificarse liñas de traballo conxuntas en áreas como: – Asistencia e/ou participación conxunta a feiras tecnolóxicas internacionais – Participación conxunta e/ou organización de misións comerciais ou encontros empresariais internacionais – Creación de consorcios de exportación en zonas xeográficas determinadas – Creación de centros de negocio ou redes de axentes comerciais no exterior conxuntas
A inscrición á xuntanza deberá facerse por correo electrónico.
Convocan unha xuntanza para que as TIC galegas avancen cara á súa internacionalización
Compartir Este Artigo
