As operadoras de telefonía móbil alternativas tenden a non ofertar terminais de alta gama subvencionados, porque son demasiado caros para os seus usuarios, de xeito que poucas veces serven coma reclamo, pero iso non impide destacables excepcións, como a incorporación do Samsung Jet S8000 ao catálogo de Yoigo, por 99 euros con portabilidade de contrato a contrato ou por 179 euros con alta nova, migración ou portabilidade de prepago a contrato.
O Samsung Jet é un terminal de 108,8 x 53,5 x 11,9 milímetros, 110 gramos de peso, cámara dixital de 5 Mpíxeles con enfoque automático, gravación de vídeo, pantalla AMOLED de 3,1 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, Wi-Fi, Bluetooth, A-GPS, reprodutor de MP3 e radio FM, polo que estamos ante un móbil moi completo que goza da atractiva interface TouchWiz e agora está tamén dispoñible para os usuarios dunha operadora con pouca penetración coma Yoigo.
Yoigo incorpora ao seu catálogo o Samsung Jet
Compartir Este Artigo
