
A nova aplicación está xa optimizada para cando o iPad chegue ao mercado o mes que vén, e conta con diversos xeitos de amosar os comics adquiridos polo usuario, dun xeito que lembra o funcionamento da aplicación iPod do iPhone, de xeito que podemos navegar entre as obras tanto a través de listaxes coma dunha estrutura tipo Cover Flow, así como tamén podemos ler comics en formato vertical coma horizontal.
A chegada do cómic ao iPad parece inevitable, e haberá que ver se o prezo de 99 céntimos ao que Marvel vende moitas das súas obras a través de Panelfly resulta o suficientemente atractivo como para lanzar aos usuarios á compra legal deste tipo de obras prescindindo do soporte físico, o que podería ser un factor chave para o éxito do novo dispositivo de Apple.
Panelfly levará a venda de comics ao iPad
Compartir Este Artigo
