A estrea do servizo Google Buzz veu acompañada de máis polémica da agardada, pois moitos usuarios sentiron que o feito de que esta prestación entrase en funcionamento en Gmail sen autorización expresa do usuario, e aplicando un sistema automatizado de selección de usuarios a seguir que podería invadir a intimidade dos nosos contactos, o que provocou duras críticas que foron escoitadas finalmente pola xente de Google, que está a modificar pouco a pouco o novo servizo para axustarse aos gustos do público, de xeito que agora fan máis visible a opción que permite elixir ás persoas que seguimos en Buzz, posibilitan o bloqueo de seguidores e presentan dun xeito máis claro que persoas das que segue o usuario aparecerán no seu perfil público.
Pero as críticas non minimizan o feito de que Buzz estea a ser un lanzamento a unha velocidade incrible, pois en apenas 2 días foi probado por decenas de millóns de persoas que crearon máis de 9 millóns de entradas e comentarios. Dende Google tamén aseguran que están a recibir unhas 200 anotacións por minutos dende móbiles por todo o mundo, deixando claro que o futuro deste tipo de aplicacións sociais podería estar en dispositivos portátiles.
Google comeza a modificar Buzz atendendo ás críticas dos usuarios
Compartir Este Artigo
