A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela informa que tras mes e medio de traballo remataron a revisión da localización da vindeira versión do contorno de escritorio GNOME 2.30.0, previsto para o 31 de marzo. Para desenvolver este labor tiveron que revisar máis de 45.000 cadeas do núcleo deste sistema, aproveitando a ocasión para aplicar novos consensos na comunidade de localización galega e homoxeneizar a tradución.
Como exemplos dos cambios aplicados está a substitución de numerosos termos: plugin por engadido, tab por separador (deixando de lado outras palabras coma lapela ou pestana), comando por orde e colar por pegar.
A OSL da USC rematou a tradución ao galego do GNOME 2.30
Compartir Este Artigo
