
Esta nova versión da revista que moitos consideran o referente nos EE.UU., desenvolveuse en colaboración con Adobe, e preséntase como unha dixitalización da versión impresa, pero con columnas de texto interactivas (que permiten modificar o seu tamaño e realizar desprazamentos), gráficos en 360 graos, galerías de imaxe navegables e vídeos, construíndo unha experiencia de usuario moi rica, que inicialmente iría dirixida ao iPad (o contido está deseñado especificamente para pantallas táctiles e soporta a rotación baseada en acelerómetros), pero grazas á plataforma tecnolóxica elixida, podería levarse sen problemas aos escritorios informáticos, a dispositivos con Android, a tablets e a case calquera dispositivo que soporte Adobe AIR.
A versión dixital de Wired para o iPad pretende comezar a comercializarse no verán, e entre as súas vantaxes non estará só o contido enriquecido, senón tamén o seu prezo, que promete ser considerablemente inferior á súa edición en papel (a subscrición dende España custa 70 dólares ao ano).
Esta iniciativa de Adobe e Wired pretende converterse en todo un caso de estudo deste tipo de tecnoloxías, de aí que xa presenten a aplicación de Wired para o iPad en vídeo, deixando ao público coa boca aberta ante o potencial deste novo formato, que neste caso non é unha demostración animada ou unha proba de concepto, senón que sería unha proba do produto real.
Vídeo de presentación da aplicación da revista Wired para o iPad
Amosan cómo será a revista Wired no iPad
Compartir Este Artigo
