Tras a súa adaptación ao iPhone, o Mac e o PC, o Kindle de Amazon chega agora aos terminais BlackBerry, de xeito que estes teléfonos intelixentes de aplicación principalmente corporativa, poden empregarse a xeito de lectores de libros electrónicos, asociados a unha tenda de e-books en descarga moi completa.
A aplicación de Kindle para BlackBerry está xa dispoñible de balde nos EE.UU., permite a busca e compra de máis de 420.000 libros directamente dende o móbil, achega unha vista previa dos libros antes da súa compra, permite acceder aos títulos antes de mercalos, deixa crear marcadores e ver anotacións e sincroniza a última páxina lida entre todos os dispositivos nos que estea instalada a aplicación Kindle.
Dende Amazon tamén aseguran que en breve tamén contarán con versión de Kindle para o iPad, confirmando o éxito desta ferramenta de compra de e-books.
Kindle estrea aplicación para BlackBerry
Compartir Este Artigo
