Este martes comeza no Telecentro de Comunicación da Cañiza (dependente do Centro Multimedia de Galicia) un curso sobre NominaPlus, programa que permite realizar nóminas dun xeito automatizado, dirixido a traballadores autónomos e persoas en situación de desemprego. A actividade rematará o vindeiro 8 de marzo e consta de 15 horas lectivas presenciais que terán lugar os luns, martes, mércores e venres de 20:30 a 22:30 horas.
Os participantes neste curso tamén poderán completalo a través da Internet, onde están dispoñibles 35 horas máis que permiten a elaboración de exercicios e exames, así como recibir titorías personalizadas sobre as súas dúbidas.
O Telecentro da Cañiza acolle un curso de NominaPlus
Compartir Este Artigo
