Gmail sincronizando mensaxes tras recuperar a conexión á InternetPara permitir funcións coma operar con aplicacións web de Google cando esteamos sen conexión á Rede crearon a tecnoloxía Google Gears, o que trátase dunha funcionalidade moi útil de aí que sorprenda que veñan de anunciar o cese do seu desenvolvemento, aínda que o argumento empregado por Google para abandonar Gears no é outro que a adopción de HTML5, tecnoloxía que ofrece boa parte das prestacións de Gears, pero coa vantaxe de funcionar en multitude de navegadores web. Mentres o HTML5 non se xeneralice, continuará o soporte de Google Gears, pero queda claro que os pasos de Google van dirixidos a respectar estándares adoptados pola industria en vez de desenvolvementos internos (que teñen un custo moi superior).