A web de TVE editou o vídeo coa polémica intervención de John Cobra.A pasada noite Televisión Española emitiu a gala de selección de candidatos para representar a España en Eurovisión, pero a competición musical quedou eclipsada pola groseira intervención dun dos participantes, John Cobra, que respondeu mal aos apupos do público, con xestos e expresións sumamente groseiras, que aínda que levaron á difusión de gravacións deste polémico momento na web a través de servizos coma YouTube, aínda que esta mañá os usuarios que recomendaron estes cortes de vídeo a través de plataformas de redes sociais e blogs atoparon que o clip viña de ser vetado de YouTube por unha reclamación de dereitos de copyright, de xeito que para poder velo era preciso visitar a páxina web de RTVE, o que tampouco puido facerse durante moito tempo, xa que dende o ente público decidiron editar o vídeo que causou tanto rebumbio para eliminar os «insultos e xestos despectivos e obscenos» porque consideran que «as imaxes do comportamento de John Cobra non son axeitadas para unha televisión pública», o que na Internet está a ser cualificado como un acto de censura. Resulta bastante triste que o ente público non só elimine os contidos que non considere axeitados da súa web, senón que vete a súa publicación noutras plataformas, o que está a limitar a liberdade de información dos cidadáns, que poden querer ver o momento que causou a polémica que deu tanto que falar durante as últimas horas. Cómpre lembrar que o participante que causou tal malestar a TVE fora elixido por votación popular grazas ao apoio de Forocoches.com, web dende a que promovían a candidatura de John Cobra coma un xeito de facer burla do propio concurso televisivo e dende a que agora sosteñen que o ente público organizou un «programa trampa» para librarse dun candidato co que non estaban conformes.