Partindo de denuncias da británica Foundem, a francesa eJustice e a alemá Ciao from Bing (propiedade de Microsoft), a Comisión Europa abriu unha investigación preliminar sobre Google por posibles prácticas anti-competitivas no mercado das buscas na web e a publicidade en liña. Bruxelas examinará se Google penaliza aos seus potenciais competidores nos resultados de busca e utiliza a súa posición dominante no mercado publicitario europeo para manter elevados os prezos por anuncio.
Dende Google deféndense das acusacións asegurando que os seus sistemas están automatizados e non son perfectos, e aseguran están receptivos ás queixas dos seus usuarios e do mercado.
A Comisión Europea investiga a Google por posible abuso da súa posición dominante
Compartir Este Artigo
