A deslocalización da produción a países en vías de desenvolvemento poden supor un grande problema de imaxe para moitas compañías ao descubrirse auténticos abusos máis próximos á escravitude que a unha sociedade moderna, e para evitar un profundo desprestixio, dende Apple elaboraron un informe sobre a evolución da responsabilidade social dos seus subministradores (accesible en formato PDF), descubrindo que o 54% das fábricas analizadas non cumpren co máximo de 60 horas de traballo á semana por parte dos seus traballadores, o 24% pagan menos do salario mínimo, o 37% realizan prácticas discriminatorias e incluso atoparon a un total de 11 menores de 15 anos traballando en 3 das distintas instalacións.
Agora, dende Apple teñen que exercer medidas de presión para que as fábricas (maioritariamente sitas en China) respecten a política da compañía no tocante á contratación laboral, aínda que resulta difícil saber cando esta materia tómase ou non en serio, posto que parece unha consecuencia inevitable da deslocalización (cando o criterio elixido para tal operación é o custo económico).
Apple recoñece a explotación laboral nas súas fábricas
Compartir Este Artigo
