
Entre as patentes reclamadas por Apple estarían as que definen o desbloqueo dun dispositivo mediante xestos, o desprazamento por unha listaxe nunha pantalla táctil ou incluso a adaptación do terminal ao usuario valéndose de sensores.
Resulta rechamante que Apple enfocase a súa ofensiva a HTC, pois as patentes vulneradas corresponderían ao software (concretamente o sistema operativo Android), polo que nos analistas entende que este paso de Apple busca frear aos seus competidores, para poder conseguir certa vantaxe no sector dos smartphones, o que pode facernos lembrar o feito de que o Nexus One non incluía soporte multi-táctil no seu lanzamento, segundo parece, por medo por parte de Google de vulnerar unha patente de Apple.
Tamén habería que lembrar que, aínda que a demanda de Apple prosperase, só afectaría ao mercado norteamericano, posto que ese tipo de patentes non están recoñecidas a nivel global, e por fortuna a lexislación europea non recoñece as patentes de software, o que en boa medida protéxenos de demandas como as mencionadas, que dan a entender que Apple posúe o concepto de teléfono con pantalla táctil e capacidades de conexión á Rede, o que dista moito da realidade.
Apple denuncia a HTC por infrinxir 20 patentes relativas á interface de uso do iPhone
Compartir Este Artigo
