O pasado mes de decembro a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, anunciou que os libros electrónicos reducirían o seu IVE do 16% ao 4% para equipararse aos libros de papel, o que eran unha reivindicación histórica do sector, pero que finalmente quedou nunha promesa incumprida, pois a Dirección Xeral de Tributos respondeu a unha consulta que o IVE de tipo reducido non aplícase aos libros electrónicos descargables, senón que só se aplicarían aos documentos vendidos en soporte físico (CD-ROM, memorias USB…) o que parece todo un anacronismo, posto que as plataformas de vendas de e-books hai moito que dixeron adeus aos soportes para centrarse nas descargas a través da Internet (sexa mediante un ordenador ou directamente dende dispositivos conectados).
Dente Tributos son contundentes ao asegurar que o artigo 98.2 da Directiva 2006/112/CE impide que os servizos electrónicos tributen a tipos reducidos, pese a que non pareza existir ningún fundamento para dar un tratamento fiscal a un mesmo produto (o libro) segundo o medio de subministración do mesmo.
Deste xeito temos que o libro electrónico está a ser castigado dun xeito inxustificable en España, posto que tanto os e-books coma os eReader soportarían un IVE dun 16% (que subirá dous puntos no verán) e no caso dos dispositivos de lectura tamén teñen que facer fronte do canon dixital, polo que parece que só hai atrancos para este tipo de sistema de publicación.
O libro electrónico non reducirá o seu IVE en España
Compartir Este Artigo
