
A conselleira destacou que ante o incremento das posibilidades dende o seu departamento apostan «por este xacemento de dinamización empresarial e de empregos cunha posición especialmente firme nestes tempos, nos que é necesario apostar pola mellora dos servizos sociais e tamén pola creación de emprego».
Explicou, ao respecto, que o pulo ao desenvolvemento das novas tecnoloxías para mellorar a prestación dos servizos sociais está contemplando no Plan de Actuación Social 2010-2013 que está a desenvolver o Goberno galego en colaboración cos organismos e entidades máis representativas no eido social.
Así, o Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade de Galicia inclúe dentro da área de actuación da accesibilidade o obxectivo específico de promover a eliminación de toda clase de barreiras, tamén no eido da información e da comunicación.
Beatriz Mato considerou «moi satisfactorio» a organización de encontros como o desenvolvido hoxe en Vigo pola Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, xa que «un acceso xeneralizado da poboación ás novas tecnoloxías é unha garantía de equidade e de igualdade de oportunidades».
A Xunta promove o uso das TIC no eido social e coma un novo xacemento de emprego
Compartir Este Artigo
