Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao Proxecto ABALAR e ao comezo do reparto de ordenadores portátiles para os alumnos galegos de primaria e á nova edición da Semana da Ciencia.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – Novidades de Blusens para o fogar dixital – Nova plataforma electrónica para o comercio da provincia de Lugo – Arteixo Telecom completa a súa oferta tecnolóxico-dixital para o transporte – AGASOL celebra unha serie de xornadas de divulgación abertas – O CESGA pon a súa tecnoloxía en loita contra a malaria – EGANET visita os países nórdicos e Brasil – As empresas de Ineo achegan tecnoloxía para a educación – Revolución nas consolas: adeus ao mando de control
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
