
Os rumores que apuntaban a unha maior resolución de pantalla no novo dispositivo estarían desbotados (non esquezamos que iso forzaría ao redeseño de aplicacións, o que sería demasiado precipitado) e a distribución nos EE.UU. podería correr a cargo de Verizon Wireless e AT&T (entendemos que para os modelos con conectividade móbil).
Ata o momento o iPad conseguiu vender 14,8 millóns de unidades, e as estimacións para 2011 son bastante positivas (Piper Jaffray & Co. considera que poderían chegar aos 27 millóns de unidades), aínda que haberá que ver cómo reacciona o mercado á chegada de produtos semellantes da man de HP, Dell, RIM e outros fabricantes (entre os que poderían destacar especialmente os dispositivos con Android 3.0).
Coma evidencia de que o iPad podería integrar FaceTime, publicaron un vídeo en YouTube no que demostran que pode activarse tal funcionalidade nun iPad 3G cunha versión con jailbreak de iOS 4.3 beta 1.
O novo iPad podería ter entrado en produción
Compartir Este Artigo
