O Adobe Flash Player chega á súa versión 10.2 o que inicialmente parece unha simple actualización desta tecnoloxía para corrixir fallos de seguridade e optimizar a plataforma, pero parece ir bastante máis aló, xa que incorpora un novo método de reprodución que facilita o acceso á aceleración por hardware para, por exemplo, reproducir vídeo en alta definición e incluso para funcionar en modo pantalla completa en varios monitores, soporta o sistema de renderizado con aceleración por hardware do Internet Explorer 9, conta con cursores de rato nativos personalziados, sistema de renderizado sub-pixel (que facilita a lectura de texto) e elimina o soporte de Windows 2000 e ordenadores de Apple con procesadores PowerPC, pois teñen que limitar o soporte de vellas arquitecturas de hardware para poder avanzar axeitadamente.
O Flash Player 10.2 inclúe interesantes melloras e pecha co pasado
Compartir Este Artigo
