Hai semanas que os usuarios de Facebook teñen un novo deseño nos seus perfís, dando maior relevancia as imaxes, e mudando de disposición múltiples elementos, e esta renovación chega agora ás páxinas de Facebook (que empregan empresas, partidos políticos, campañas, organizacións… a xeito de perfil para distinguirse das persoas físicas) e resultan rechamantes por eliminar as tradicionais pestanas superiores (que pasan a ser opcións no menú lateral), adapta a súa navegación ao xeito dos novos perfís de usuario e incluso permite a identificación (log in) coma páxina de Facebook e non como usuario, facilitando a administración das páxinas e a interacción co resto de Facebook, de xeito que agora unha páxina poderá gustar de contidos alleos e comentalos, mentres que ata o momento tal funcionalidade quedaba restrinxida a perfís individuais.
Os usuarios que administren páxinas poderán visitar un espazo destinado á actualización do estado das súas páxinas ao novo formato, de querer mudalo xa, aínda que de non facelo manualmente a actualización chegará de seu o 10 de marzo.
Facebook comeza a renovar o formato das súas páxinas
Compartir Este Artigo
