Mentres que o Goberno segue adiante coa chamada Lei Sinde, os xuíces continúan a ditar sentenzas considerando que subministrar ligazóns non constitúe delito, coma vén de dilucidar un maxistrado do Xulgado do Penal nº 1 de Barakaldo (Bizkaia), por unha causa contra os responsables de FenixP2P, formando parte da acusación o Ministerio Fiscal, ADeSe e Promusicae.
No auto xudicial absolve aos acusados dun delito contra a propiedade intelectual (cabendo aínda apelación a tal decisión) por considerar que publicar ligazóns a contidos protexidos non supón a distribución dos mesmos, de xeito que a actividade denunciada non constituiría delito «a maior abundamento e ao unísono coa posición igualmente adoptada pola maioría das resolucións xudiciais recaídas sobre tal extremo con anterioridade», aínda que o maxistrado tamén comenta «a controvertida Lei actualmente en trámite parlamentario para a debida como esperada eliminación, real e efectiva, da posibilidade de descargas na rede non autorizadas polos titulares dos dereitos de propiedade intelectual», que tras o desenvolvemento do seu regulamento podería definir o que se entende por servir contidos, podendo chegar a mudar a dirección da presente sentenza.
Este caso sería o primeiro desta características en celebrarse de xeito completo pola vía penal, posto que en casos precedentes as causas foran arquivadas antes da celebración dun xuízo completo.
Nova sentenza que determina que ligar contidos protexidos non é delito
Compartir Este Artigo
