
Mark Zuckerberg: Creator of Facebook é un cómic de 48 páxinas en grande formato guionizado polo xornalista Jerome Maida e ilustrado por Sal Field (Fritz Saalfeld), que narra a vida do mil millonario máis novo do planeta, procurando contextualizar a súa figura, aínda que sen ocultar que no camiño deixou a moita xente que se sentiu traizonada por Zuckerberg.
Pese ás boas intencións desta obra, non parece que o talento a acompañase polo que podemos ver nas súas primeiras páxinas (publicadas a xeito de adianto en Comic Book Resources), onde queda claro que este cómic carece dunha narración sólida e presenta unhas ilustracións moi inferiores á media (especialmente no apartado da cor, se exceptuamos a portada de Michal Szyksznian), polo que dubidamos que vaia verse publicado fóra dos Estados Unidos de América (ou a través dalgunha editorial importante).
Poñen á venda un cómic biográfico de Mark Zuckerberg
Compartir Este Artigo
