
Vázquez Abad explicou que coa apertura do espazoAbalar dáse un paso máis nunha das iniciativas máis innovadoras da Consellería de Educación, como é o seguimento personalizado da vida académica do alumnado que se pode facer a través deste portal, ampliando o acceso a todas as familias do alumnado dos centros educativos galegos que imparten as ensinanzas antes mencionadas. Esta é unha das iniciativas do Proxecto ABALAR, a estratexia de integración das TIC no sistema de ensino galego que está a desenvolver a Xunta.
O espazoAbalar conta co espazoProfesores, que facilita a comunicación dos docentes cos pais ou titores do alumnado, e o espazoFamilias, que achega as familias máis información sobre a vida académica dos seus fillos.
Na súa visita a este centro, no que estudan 599 alumnas e alumnos, o conselleiro de Educación anunciou que está previsto que nas vindeiras semanas se realicen no instituto o arranxo das celas do centro de transformación, o que suporá un investimento de máis de 15.600 euros por parte da Consellería.
O espazoAbalar xa está dispoñible para todos os centros educativos de Galicia
Compartir Este Artigo
