A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén de publicar na web unha comparativa de plataformas de comercio electrónico baseadas en software libre, na que se analizan as principais solucións FLOSS dispoñibles para a creación de tendas en liña adaptadas ás necesidades da PEME galega, coma serían osCommerce, Magento, PrestaShop, VirtueMart e Ubercart.
No texto compáranse as devanditas ferramentas para facilitar a elección da máis axeitada en cada caso, analizándose en profundidade as de maior implantación e relevancia, deixando claro que existen plataformas libres para vender a través da Internet, o que facilita que as pequenas e medianas empresas poidan abrirse ao mundo e contar cunha nova canle de comercialización e visualización dos seus produtos e servizos.
Modernización publica unha comparativa de plataformas libres de e-commerce
Compartir Este Artigo
