O blogue Mallando na e-ira, nacía a finais de 2009 como un proxecto de tres amigos no que fan unha achega ao mundo da tecnoloxía, e que agora consolídase transformándose nunha rede de blogues en galego composta por 5 cadernos da Internet: – Mallando na e-ira: o blogue orixinal que continúa coa súa temática (exceptuando os contidos que migren ás novas bitácoras) e seccións habituais. – Mallando no Android: novo blogue que centrará a súa actividade no sistema operativo móbil promovido por Google. – O Esparavel de Mallando: Un Tumblr dedicado a cousas relacionadas coa construción que atopen os responsables de Mallando. – O Bloc de Mallando: Outro Tumblr no que recollen contidos de poucas liñas ou breves instantes que resulten rechamantes para os seus autores. – A Malla das Telecos: Blogue no que intentan cubrir o complexo mundo das tarifas e plans de prezos da telefonía e a Internet.
A maiores tamén estrean en probas un memolane, unha liña de tempo na que poden verse dun xeito distinto os contidos que van conformando esta nova rede de blogues.
Os habituais a esta publicación tamén poderán facer un seguimento dos distintos espazos de Mallando a través dun único fluxo RSS, aínda que tamén existen os fluxos correspondentes a cadanseu blogue.
Mallando na e-ira convértese nunha rede de blogues
Compartir Este Artigo
