iAd, a plataforma publicitaria de Apple para dispositivos con iOS, chegará nos vindeiros días ás aplicacións para iPad, anuncio que coincide coa estrea deste tipo de anuncios interactivos en España, de xeito que os usuarios de iPod Touch e iPhone locais poden xa ver o anuncio do Renault Twizy que leva publicándose en terminais de Reino Unido e Francia dende primeiros do pasado mes de decembro.
A promoción de Renault serve para anunciar o Twizy amosando información sobre o vehículo e destacando os aspectos que o diferenza do resto do mercado. Esta publicidade interactiva permite xogar co concepto do vehículo eléctrico localizando puntos de recarga no noso contorno e amosando os orixinais deseños do Twizy, como informacións que poden servir para desbotar certos mitos e atraer a futuros usuarios á vez que escribe unha nova páxina na historia da publicidade.
Así é o anuncio do Renault Twizy para iPhone e iPod Touch
Renault estrea en España os seus anuncios interactivos para iPhone
Compartir Este Artigo
