A primeiros de novembro e xaneiro os iPhone fallaban ao non disparar as súas alarmas á hora programada, e o cambio de hora da pasada fin de semana provocou a repetición das incidencias pese a que é un erro moi coñecido e que está a perdurar a numerosas actualizacións do software dos terminais de Apple, dando a impresión de que a compañía de Cupertino dá máis importancia á incorporación de novas funcionalidade que ao bo funcionamento dos seus dispositivos.
Apple prometera arranxar este fallo, pero moitos usuarios emerxeron en plataformas como Twitter nas últimas horas para queixarse de que o seu móbil espertounos unha hora entes de tempo (aínda que é menos grave que fallos anteriores nos que a xente chegou unha hora tarde ao traballo por culpa dun fallo de programación do software do iPhone).
Como en ocasións anteriores, recoméndase instalar aplicacións de alarma alternativas á oficial de Apple, pois existen varias de balde e non presentan este tipo de fallos xa inexcusables.
As alarmas do iPhone volven fallar tras o cambio de hora
Compartir Este Artigo
