A coñecida tenda en liña de produtos de electrónica de consumo Redcoon, moi popular pola agresividade dos seus prezos, vén de ser adquirida polo Grupo Media-Saturn (compañía matriz de Media Markt) para integrarse nunha nova unidade operativa independente, continuando a funcionar como unha tenda puramente electrónica, mentres que a cadea Saturn estrearán tenda en liña na segunda metade do ano (combinando a forza da presenza no mundo físico coa web) para que en 2012 sexa Media Markt a que siga o mesmo camiño.
Redcoon fora fundada en 2003 por un ex empregado de Media Markt, e os contactos entre ambas compañías xa levaban un tempo rumoreándose, e agardan que esta operación contribúa ao incremento do negocio do Grupo Media-Saturn.
Media Markt faise coa tenda virtual Redcoon
Compartir Este Artigo
