Atendendo á demanda de formación no eido dos medios sociais, Nortideas Formación programou para os vindeiros días 15 e 16 en no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela un curso de Community Manager que durante 12 horas impartirán Rubén Bastón e Iago Fernández, profesionais de Elogia que darán a coñecer as diferentes ferramentas, soportes e estratexias dispoñibles para definir, implementar e avaliar un plan de Social Media e xestionar comunidades en liña. O prezo do curso é de 200 euros e conta con prazas limitadas.
O curso divide os seus contidos nos seguintes 18 temas: – Web 2.0: cambio do paradigma comunicativo – Que é unha rede social – Que son os foros, portais colaboradores e blogs – Como relacionarse con eles: axitación de contidos, Relacións Públicas 2.0 e buzz marketing – Blogging corporativo – Facebook: tipos de presenza – Facebook: como desenvolver promocións nunha páxina oficial – Outras redes xeralistas – Redes profesionais – Twitter: ¿que é? – Twitter: utilidades para empresas, normas de actuación – Youtube: ¿como funciona? – Flickr: ¿como funciona? – Outras plataformas de vídeo e imaxe – ¿Que podemos medir? ¿Que queremos medir? – KPI e métricas de actividade en Social Media – Ferramentas de monitorización de opinión en liña de balde – Ferramentas de monitorización en liña de pagamento
Novo curso de Community Manager en Santiago
Compartir Este Artigo
