A Sala Multiusos do Concello de Vivieiro acolleu hoxe unha das Xornadas Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información.
Outras sete cidades e vilas acollerán estas xornadas, que teñen unha duración aproximada de 4 horas e un marcado carácter dinámico e participativo. Durante o mes de abril estanse a organizar estas sesións na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo.
As xornadas, organizadas pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, forman parte do Proxecto TIC TAC Galicia que dotou a 149 centros públicos de dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade.
En Viveiro os centros que dispoñen deste equipamento son o Centro de Formación Profesional Ocupacional e a Aula CeMIT do Concello.
O Proxecto TIC TAC desenvolveuse grazas ao convenio asinado entre este Ministerio, e a Xunta de Galicia, e contou cun investimento de 820.000 euros na Comunidade, financiada pola Entidade Pública e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O Proxecto TIC TAC Galicia achégase a Viveiro
Compartir Este Artigo
