
Durante a súa intervención o conselleiro destacou que «o Proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os ámbitos educativos», ao que engadiu que «o Centro Educativo Dixital supera o concepto de Centro Educativo Tradicional. Pon ao servizo do sistema os recursos humanos e pedagóxicos necesarios. Deste xeito dota ao ensino galego de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte da comunidade educativa, tanto na actividade docente como nos ámbitos da aprendizaxe e administrativos».
Dirixíndose aos asistentes Xesús Vázquez Abad recordou que «estamos a dar os primeiros pasos e queremos, que as familias e o profesorado galego -sen dúbida un dos mellor preparados de Europa- nos acompañen nesta esforzada e apaixonante tarefa histórica».
Antes da intervención do conselleiro realizáronse relatorios en torno aos antecedentes das TIC no centro e a formación do profesorado. Asemade falouse da experiencia ABALAR no colexio, e os blogs de 5º de primaria e de infantil.
Durante a súa visita o conselleiro percorreu as instalacións do CPI dos Dices, que é un dos setecentos centros educativos que integran a rede ABALAR no seu primeiro ano, un proxecto do que neste curso se que benefician máis de 14.500 alumnas e alumnos de 5º de Primaria e 1º da ESO, número que o vindeiro ano aumentará ata os 31.500 estudantes.
A xornada de presentación As TIC no CPI dos Dices remata coa visita do conselleiro de Educación
Compartir Este Artigo
