A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica desenvolve este ano un programa de axudas para o desenvolvemento da sociedade da información cunha dotación de preto de 7,7 millóns de euros.
Este orzamento repártese en catro liñas de actuación, das que dúas, a empresa dixital e o sector TIC concentran a maior dotación económica con 5,5 millóns de euros. Os 2,2 millóns de euros restantes destinaranse a fomentar a creación de contidos educativos dixitais e a accións de difusión das novas tecnoloxías por entidades sen ánimo de lucro. Así se recolle en catro ordes de axudas que foron publicados nas últimas semanas no Diario Oficial de Galicia.
O programa de axudas deste ano definiuse coas as achegas realizadas polo sector ao que se lle solicitou a súa colaboración para adecuar as liñas de financiamento ás súas necesidades. Esta convocatoria incorpora novidades con respecto a anterior como a posibilidade de que os interesados nas axudas ao fomento da empresa dixital poida solicitar un anticipo do 40% do importe total. Para esta mesma liña de axudas tamén se establece un financiamento plurianual co que o prazo para rematar os proxectos se amplía ata o verán de 2012. Esta medida permitirá que se poidan desenvolver proxectos de maior calado.
En 2011 Modernización destina 7,7 millóns de euros en axudas para o desenvolvemento da sociedade da información
Compartir Este Artigo
