O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza en Santiago de Compostela, mañá día 6 e o sábado día 7 de maio, unha acción formativa sobre Como Xerar Negocio coas Aplicacións Móbiles. O curso está aberto a todos aqueles que queiran recibir formación sobre mobilidade e as distintas liñas de negocio a que pode dar lugar. O ciclo o dirixirá o director xeral e fundador de TeCHmi e co-fundador de Slash Mobility, Emilio Avilés Ávila.
A acción formativa será no Gran Hotel Santiago (Mestre Mateo 27) e desenvolverase en horario de tarde, entre as 17 e as 21 horas, durante os dous días que dura o mesmo.
Programa
O curso divídese en dous módulos perfectamente diferenciados.
No primeiro módulo, o que se desenvolverá mañá 6 de maio, os asistentes recibirán información sobre as tendas de aplicacións móbiles, sobre os modelos de negocio Android baseados en aplicacións (apps), sobre como promover a nosa apps ou sobre o futuro deste tipo de negocios.
No segundo dos módulos, titulado Introdución á Mobilidade, realizarase un achegamento á tecnoloxía móbil para despois afondar no tema das redes e dos dispositivos móbiles. Tamén se abordará o asunto da implantación das plataformas e tecnoloxías móbiles nas empresas e do retorno de inversión que leva adxunto a inversión na mobilidade.
