As publicacións impresas, especialmente as dirixidas ao público mozo, están vivindo unha crise sen precedentes, e como signo dos tempos temos agora que a popular revista Súper POP vén de anunciar que hoxe chega aos quioscos o seu derradeiro número impreso, de xeito que o luns 23, en vez de contar cun novo número en papel, terá só actualizada a súa versión en liña, que promete actualizacións diarias e contidos totalmente de balde.
Esta último número dunha das publicacións máis icónicas da cultura adolescente en España trata temas como o lado escuro dos famosos, series de televisión como El Barco ou Física o Química, e distintos personaxes coñecidos do mundo da música, a televisión e o cine.
Co cambio de rumbo desta publicación dise adeus a toda unha época na que a revista non só servía para achegar novas sobre os famosos que máis gustan á mocidade, senón que tamén era unha fonte constante de posters, adhesivos e outros agasallos que adornaban carpetas e dormitorios de moitos adolescentes.
A revista Súper POP pasa a ser 100% dixital
Compartir Este Artigo
