Durante as últimas horas era imposible publicar entradas no servizo de blogs de Google, que padeceu unha incidencia durante labores de mantemento programado que provocaron un fallo xeralizado de Blogger durante máis de 20 horas, que xa está en vías de solución.
Dende Google estiman que o 0,16% dos usuarios de Blogger poderían atopar aínda algún problema para acceder ao seu blog (ou con entradas desaparecidas) pero aseguran estar a traballar para solucionar o asunto (non publican ningunha estimación para o reestablecemento total), estando o resto do servizo a funcionar de xeito aceptable.
Resultou curioso que durante o incidente a comunicación sobre os problemas chegase, entre outras canles, a través de Twitter, pois os propios blogs de Google empregan Blogger, de xeito que víronse igual de afectados que o do resto de usuarios.
Blogger volve a operar tras unha incidencia de máis de 20 horas
Compartir Este Artigo
