A central de reservas de hoteis por Internet Buscadestinos.com, fundada en Vigo en 2007, vén de renovar a súa páxina web co obxectivo de ofrecer máis hoteis (e unha maior competencia en prezos) a través da incorporación de dos novos maioristas ao seu catálogo e facilitar e axilizar o proceso de reserva a través da súa simplificación e o uso das últimas tecnoloxías de programación.
Chegan así a unha versión 3.0 de Buscadestinos.com, dobrando o número de hoteis dispoñibles na súa primeira versión ata chegar aos 10.000 e mellorando os tempos de resposta en máis dun 40%.
Esta plataforma recolle actualmente hoteis de España Portugal e Andorra, pero están a traballar nunha futura expansión a destinos seleccionados de Europa como poderían ser Roma, París, Londres ou Milán.
Para tirar pulo desta plataforma en liña, dende Buscadestinos.com tamén contan cunha páxina en Facebook e unha conta en Twitter, canles que serven para dinamizar o seu servizo e establecer unha comunicación fluída cos seus usuarios finais.
A viguesa Buscadestinos.com xa incorpora 10.000 hoteis na súa central de reservas
Compartir Este Artigo
