O presidente do CESGA e Director Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla Pueyo e o Subdirector Xeral de Planificación de Infraestruturas Científicas e Tecnolóxicas do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España, José Doncel Morais, presentaron hoxe no CESGA, a nova ampliación do Supercomputador Virtual Galego. A ampliación do SVG foi posible grazas á Convocatoria de Axudas ICTS do Ministerio de Ciencia e Innovación, que veñen complementar os investimentos realizados polo CESGA mediante as achegas da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC.
A nova ampliación do Supercomputador Virtual Galego, SVG, ten o obxectivo de realizar cálculos complementarios ou de pre e post proceso do Finisterrae. Trátase dun novo supercomputador para HTC ou computación throughput, frecuentemente utilizado para investigación en Xenómica, Dinámica Molecular, Deseño de Fármacos ou Enxeñarías, entre outras disciplinas. A nova máquina duplica a capacidade de computación dos sistemas do CESGA neste tipo de cálculo, pasando de 9 a máis de 18 Teraflops e supón unha mellora substancial dos servizos ofrecidos aos usuarios do centro.
Amplían o Supercomputador Virtual Galego
Compartir Este Artigo
