
Ademais, para facilitar estas buscas tamén estrean un engadido oficial para Firefox que permite empregar a barra de busca do navegador para realizar buscas en Twitter. A instalación do novo engadido resulta tan doada como premer un botón e nin sequera precisa do reinicio do navegador para utilizar a nova funcionalidade, que axiliza as buscas en Twitter. Este complemento só funciona no Firefox 4.0 ou superior.
A xente de Twitter tamén anunciou que, ante a importancia que estaba a tomar o seu servizo na publicación de fotografías na web, ían facilitar este proceso, polo que chegaron a un acordo con Photobucket para a hospedaxe de fotografías, que xa está dispoñible a través de Twitter.com e que en breve incorporarase ás aplicacións móbiles de Twitter. Os usuarios que non teñan smartphones tamén poderán remitir as imaxes a través de MMS.
Vídeo no que ilustran a incorporación de imaxes e vídeos nos resultados de busca en Twitter
Twitter mellora as súas buscas e facilita a publicación de fotografías
Compartir Este Artigo
