
Durante o relatorio, que conta co apoio do Banco Sabadell, Gutiérrez realizará un estudo do primeiro ano de vida da nova tecnoloxía no Estado español, facendo fincapé no que xa se chama “segunda xeración da TDT” e explicando polo miúdo as novas expectativas que se lle abren ao sector audiovisual.
Cómpre sinalar que o relator convidado, enxeñeiro técnico en Telecomunicación e licenciado en Comunicación Audiovisual, ten unha ampla experiencia profesional nas entidades que máis activamente teñen participado nos cambios que derivaron no apagamento analóxico e o desenvolvemento da tecnoloxía que o motivou. De feito, foi o máximo responsable de Impulsa TDT ata a súa disolución, o ano pasado. O seu relatorio no Museo da Prensa de La Voz de Galicia en Sabón, Arteixo, comezará ás 10.00 horas e dará remate á hora de xantar aproximadamente. A asistencia é de balde.
Os novos vieiros que abre a TDT, a debate o día 16 en Arteixo
Compartir Este Artigo
