A compañía aérea de baixo custe Ryanair, que xa fora vítima dunha estafa en liña recentemente, volve a estar no punto de mira dos “amigos do alleo virtuais”, que aproveitan o medio de comunicacións máis usado por esta operadora, a Rede, para suplantar a súa identidade e vender pesos a catro pesetas.
Desta volta, a estafa realízase mediante correos electrónicos, os cales, baixo o título de “postos de traballo de Ryanair”, ofrecen falsos empregos na compañía a cambio de pagar unha suma en concepto de “visado”.
Ryanair advertiu deste engano aos seus clientes, e anunciou que, efectivamente, precisará cubrir ata 1.500 postos de piloto e tripulación de cabina adicionais este ano, porén o correo electrónico que está a chegar co remitente career@ryanaironline.com, é unha convocatoria falsa.
Para acceder á información sobre os postos de traballo dispoñibles, débese acudir directamente á web da compañía, e rexeitar calquera correo electrónico sospeitoso de ser fraudulento.
A compañía xa notificou da estafa ás autoridades do Reino Unido e de Irlanda, a fin de evitar que se estenda pola Rede.
Nova estafa en liña á vista
Compartir Este Artigo

