Microsoft lanzou hoxe de xeito oficial e en período de probas o Kit de Desenvolvemento de Ssoftware (SDK) para Kinect, de xeito que os programadores poderán crear aplicacións que aproveiten a cámara con sensor de movemento da Xbox 360 nun PC con Windows 7.
O SDK permite o acceso a datos dende os sensores de Kinect, rastrexar o movemento de distintos puntos que conforman o esqueleto dos usuarios ao moverse e tirar proveito das capacidades avanzadas de audio (como a eliminación de ruído, a cancelación de eco e a integración coas API de recoñecemento de voz de Windows). Todo isto non só facilitará a creación de xogos para Kinect, senón que tamén abrirán a porta a novos desenvolvementos moi creativos para ordenadores persoais, demostrando o potencial desta tecnoloxía que pode revolucionar o xeito de relacionarnos cos ordenadores e coa electrónica de consumo.
Agardan que a publicación deste SDK sexa moi ben acollida por estudantes e entusiastas, que poderán aproveitar esta tecnoloxía para dar renda solta á súa imaxinación, creando novos sistemas de control dun xeito doado e libre de interfaces físicas.
Microsoft publica a beta do SDK de Kinect
Compartir Este Artigo
