
É dicir: todos agás Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Marín, A Estrada, Redondela e Cangas.
O orzamento deste plan é de preto de 6 millóns de euros, sendo un total de 327.086 as pontevedresas e pontevedreses aos que potencialmente se beneficia, cifra que se incrementa se temos en conta o número total de habitantes dos devanditos 55 concellos: 436.281. O plan Repoblar, que xa deu un bo número de pasos dende a súa posta en marcha, basea os seus servizos para fogares e para as empresas na seguinte infraestrutura: 21 emisores de Retegal, tres torres de polígonos industriais propiedade da Xunta de Galicia, 23 micro-emisores de televisión (propiedade dos concellos e tamén das comunidades de montes, etc) e cinco torres de nova construción.
O servizo inclúe diferentes modalidade de ofertas especiais, cada unha das cales ten un prezo específico, sendo de 17 euros ao mes no caso de contratarmos un megabyte de baixada e 384 kb de subida (con 59 euros de alta e de instalación neste caso e tamén nos seguintes) e de 34 euros ao mes de solicitar dous megas de baixada e 512 kb de subida. No caso de establecermos un mega e máis servizos de telefonía, estariamos a falar de 23 euros. De preferir dous megas máis teléfono, o prezo sería de 40 euro. Polo que atinxe ao compromiso de permanencia, non se aplica en ningún dos casos. A maiores do dito, tamén se inclúe unha Rede Privada Virtual (VPN) para conectar tecnoloxicamente os concellos coa Deputación, incorporándose 1 mb de baixada e 512 kb de subida.
A oferta de Iberbanda ao abeiro de Repoblar complétase co seguinte:
· Servizo Wi-Fi de balde que se ofrecerá na praza pública de cada un dos concellos integrados no plan, segundo os condicionantes marcados pola Comisión para o Mercado das Telecomunicacións para este tipo de servizo.
· Cobertura en tódolos portos deportivos da provincia, e realización de probas de cobertura no espazo natural do Parque das Illas Atlánticas.
· Proxecto piloto para o control e a vixilancia en puntos de Patrimonio, instalacións agropecuarias, teleasistencia (servizos sanitarios e de coidado a distancia, a través das redes de alta velocidade) e localización, e diferentes probas para a mellora do control e as comunicacións en vehículos de emerxencia.
Repoblar: un programa para levar WiMAX ao rural de 55 concellos de Pontevedra
Compartir Este Artigo
