
A cerimonia de premios enmarcouse dentro do Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital, Mundos Dixitais, que celebra o seu décimo aniversario nesta primeira semana de xullo, nunhas xornadas onde se ofrecen conferencias de primeiro nivel a cargo prestixiosos relatores nacionais e internacionais.
A aplicación Libro de Pedra é unha ferramenta web que amosa cun nivel de detalle sen precedentes a capital de Galicia e o seu monumento máis emblemático. A aplicación permite ademais coñecer en profundidade a historia da Catedral, consagrada polo rei Alfonso IX o 21 de abril de 1211. En Libro de Pedra a innovación tecnolóxica ponse ao servizo da cultura e o patrimonio histórico nun proxecto para o que se realizaron máis de 60.000 fotografías de alta resolución.
O interior da Catedral pode visualizarse dende calquera punto de vista a través de imaxes totalmente inmersivas. A través desta aplicación, o usuario pode desprazarse dende calquera parte do mundo ao interior da basílica. O Museo catedralicio tamén se pode visualizar a través de imaxes esféricas que permitirán ao usuario internarse en todas as súas estancias. As imaxes panorámicas que se ofrecen de Santiago cobren a totalidade da cidade dende diferentes puntos de vista. A riqueza das prazas e rúas do casco histórico tamén pode admirarse con especial relevancia a través de imaxes en 360 graos.
Libro de Pedra gaña a categoría de presentación en tempo real do Architectural 3D Awards
Compartir Este Artigo
