O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vén de facer reconto do acadado polo seu sitio web en materia de seguimento da comunidade en liña. O reconto, feito sobre a fase da nova web (redeseñada recentemente), achega unha cifra de 29.668 visitas en menos de dous meses de funcionamento, o que segundo apuntan os responsables do Instituto, supón unha media de 530 visitas ao día. A clave destes logros, apuntan, está en parte nas novidades postas en xogo coa remodelación do sitio, novidades que atinxen á feitura da páxina (máis accesibilidade) e aos contidos, con servizos para axudarnos a mellorar o uso que lle damos á enerxía (máis aforro e eficacia) e para ternos ao tanto das opcións renovables.
Por certo que tamén se incorporan ferramentas para axilizar e optimizar os procesos de achega de subvencións e axudas para os plans renove, que lles permiten ao INEGA traballar dun xeito máis áxil e aos cidadáns “ter unha información máis concreta”.
Segundo informa o INEGA, a duración media das visitas ás súa web situase entre os sete e os sete minutos e medio (duración en tempo). Os contidos máis visitados da páxina foron o Plan Renove de Equipos de Climatización 2010, o Plan Renove de Fiestras 2010 e a Plataforma proxecto GE2C´s, xunto co apartado das subvencións. Ademais, un total de 315 páxinas ligan arestora co portal do INEGA.
A nova web do INEGA recibiu case 30.000 visitas en dous meses
Compartir Este Artigo
