
Actualmente, a IPTV é un servizo demandado por habitantes das zonas rurais que carecen ou teñen deficiencias coa sinal da TDT de alta definición, ademais de ofrecer a nivel xeral numerosos servizos de valor engadido como son as canles por satélite, as videoconferencias a través de Skype e un videoclub enliña.

de resultar beneficiarios do concurso, esta tecnoloxía instalada no rural de Galicia converteríase nun referente a nivel mundial, adiantándose un par de anos ao resto
.
A mellor tecnoloxía
O servizo de IPTV funciona porque se emprega a mellor tecnoloxía posible en redes sen fíos para o rural (802.11 mimo con dobre e triple antena con velocidades máximas teóricas de 450 Mbps, que compite coas redes 4G e LTE das zonas urbanas. O responsable de Intermax asegura quepoderase dicir que todos os galegos son de primeira aínda que residan no rural. Esta tecnoloxía xa está probada con éxito en máis de 70 concellos con cobertura de Intermax nos que se ofrecen accesos de 1 a 10 Mbps xunto con liña fixa por 5 euros a maiores, tarifa plana a teléfonos fixos nacionais e as mellores tarifas a móbil, sempre sen custe por establecemento de chamada. Mesmo estanse probando con éxito conexións sen fíos de 100 Mbps en catro concellos galegos da rede troncal de Intermax, que son Arzúa, Palas de Rei, As Nogais e Valdoviño, con intención de incrementalas antes de finais de ano
.
A rede de Intemax é moi capilar e conéctanse clientes de ata un máximo de 10 quilómetros xa que se emprega unha banda de uso común e de potencia limitada e segundo a compañía é o mellor xeito de chegar ao 100% do rural cos mellores servizos.
Será unha rede moi capilar
Para ofrecer o máximo largo de banda ao usuario emprégase a rede de fibra óptica de Retegal e os seus radioenlaces. Ademais, instalaranse radioenlaces IP de 400 Mbps simétricos (un por concello aproximadamente). Para acadar o compromiso de cobertura 100%, instalarase rede de acceso nos emprazamentos públicos dos concellos ata chegar aos 290 municipios incluídos no proxecto que recibirán cobertura a través de oito redes de acceso. En función da súa orografía será necesario instalar 2.344 antenas. A cada unha conectaríase unha media de 17 clientes posibilitando amplos largos de banda e multitude de servizos para dinamizar novas iniciativas económicas e socioculturais no rural e posibilitar á administración, educación, sanidade e xustiza pública o uso do contorno 2.0.
Segundo afirman desde Intermax, os clientes afiánzanse mediante un mellor servizo e coas mellores tarifas. Así, a firma galega asegura que non cobra nada en concepto de ata e instalación, e sempre seguen unha política de non aos contratos de permanencia.
Dinamización do emprego
Intermax prevé contratar de forma directa para o proxecto a máis de 200 persoas, aínda que tamén se xerarán postos de traballo de forma indirecta nos máis de 200 provedores, onde destacan os membros de OperGal e a empresa Blusens.
A visita dos representantes de OperGal ás instalacións de Blusens
