
A OSI é un servizo creado polo goberno de España, para potenciar ouso seguro de Internet por públicos xeralistas, iniciativa que xestiona o Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación (INTECO).
Segundo precisa a OSI, para a correcta posta a punto do ordenador, nos días de volta ao cole, é preciso: – Instalar un antivirus actualizado que protexa aos menores das ameazas que circulan por Internet. – Manter os programas do ordenador así como o sistema operativo(Windows, Mac…) actualizados; así será máis difícil que un virus se coe neles. – Configurar o devasas para que se poida controlar a información que intercambia o ordenador con Internet. – Instalar unha ferramenta de control parenteral para evitar que accedan a páxinas web que non son apropiadas para a súa idade.
Ademais de protexer o ordenador, existen outra serie de boas prácticas que deben trasladarse aos menores, como son: acordar unhas normas de uso do ordenador; proporcionarlles confianza para que pidan axuda;ensinalos a ser respectuosos en Internet, e explicarlles que coiden a súa privacidade na Internet: Descoñecidos non, grazas.
Manuel Ransán, Coordinador de Servizos Preventivos de INTECO-CERTe OSI, asegura que «ao igual que protexemos e educamos os nosos fillos para que na vida real corran o menor número de riscos, co ordenador e Internet debemos facer o mesmo, protexelos e ensinalos para que fagan un uso correcto e evitarlles riscos innecesarios».
Vídeo da campaña Descoñecidos non, grazas
INTECO aproveita a volta ao cole para concienciar sobre o uso seguro do ordenador e da Internet por parte dos menores
Compartir Este Artigo
