
Así mesmo, o informe revela un incremento do 5,18% no número de prazas destinadas a este tipo de formación, que pasa de 5.964 alumnos en 2010 a 6.273 durante o presente ano. Para impartir estes cursos na meirande parte dos casos optouse pola teleformación, unha decisión relacionada coas múltiples vantaxes que ofrece este sistema de formación, cun menor custo por alumno, permite a conciliación da vida familiar coa laboral e facilita o acceso ás ensinanzas da EGAP á xente que ten dificultade para acudir ás actividades presenciais.
O informe tamén recolle que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) elaborou un Plan formativo ofimático de Galicia, incluído dentro do Plan estratéxico 2014.gal, no que está involucrada a EGAP, e que aplícase a un conxunto de 5 cursos cun contido adaptado ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais que buscan promover a avaliación e a acreditación das competencias profesionais en ofimática das persoas que prestan servizos na Administración.
Para cada curso do Plan Formativo Ofimático de Galicia hai dúas modalidades: en software propietario (contorno Windows e Office) e en software libre(contorno Linux e Open Office).
Durante o presente ano, a EGAP ten convocadas para estes cursos 3.500 prazas na modalidade de teleformación destinadas aos empregados públicos da Administración autonómica e convocará, no último trimestre do ano, 1.000 prazas máis para a quenda libre. Mediante este último sistema os alumnos terán que superar un exame das materias que asegure o seu coñecemento.
Aumentan as horas de formación nas TIC para os traballadores públicos galegos
Compartir Este Artigo
